As pensióis na Constitución.

As pensióis son, cada vez máis, un tema común de debate y comentario y nun solo entre personas que tein algúa prestación d’ese tipo nin entre os que tán  núa edá ou circunstancia personal ou familiar na que cabe esperala. Fálase de pensióis nas institucióis políticas, nos ámbitos económicos…, y son un asunto recurrente en todos os medios de comunicación. 

Nos últimos tempos fálase, ademáis, con preocupación, ou eso a lo menos é lo que cabe concluir dos estudios del Centro de Investigaciones Sociológicas, y esa inquietú tería que ver, dende úa perspectiva individual, col temor de qu’el sou importe nun sía abondo pr’atender as necesidades de quen ten úa pensión ou espera obtela en breve y, dende úa óptica colectiva, pola progresiva disminución da diferencia entre personas que cotizan y personas con pensión y a drástica reducción da chamada “hucha das pensióis”, que pasóu de 65.830 millóis d’euros en 2011 a os 1.400 millones que s’espera queden en decembre de 2019 tras a paga estra de Navidá y elo debido á insuficiencia cuantitativa das cotizacióis pra fer frente a este gasto. Asina, ta a punto de pasar á historia el Fondo de Reserva de la Seguridad Social -el “hucha”- creao nel año 2000 pr’atender, a partir dos escedentes das cotizacióis sociales de cada ano, el incremento dinerario que supoñerá a prósima xubilación das personas qu’integran as xeneracióis más numerosas da nosa Historia.

El horizonte temporal da supervivencia del Fondo era el ano 2030 peró desaparecerá, na práctica, dez anos antias porque d’él viron “tirando” os Gobernos dos últimos anos pr’atender al incremento, por razóis demográficas, del númaro de pensióis (en númaros redondos un miyón máis en dez anos) y a subida das mismas (un 30% na última década). Durante este al mismo tempo el “hucha” dexóu de recibir ingresos pola pérdida de postos de trabayo -cotizantes- y del valor dos salarios. Agora ben, a eventual “xubilación” del propio Fondo nun implicaría máis qu’a desaparición d’úa ferramenta complementaria, que nin foi -nin se pensóu que lo fora- esencial prá subsistencia del sistema. 

El reto é, pois, atopar instrumentos de financiación y, entre outras cousas, asegurar que lo previsto sobre as pensióis na Constitución Española (CE) –qu’é de lo que vimos falar aquí- se cumpla: el artículo 50 prevé que «los poderes públicos garantizarán, mediante pensiones adecuadas y periódicamente actualizadas, la suficiencia económica a los ciudadanos durante la tercera edad. Asimismo, y con independencia de las obligaciones familiares, promoverán su bienestar mediante un sistema de servicios sociales que atenderán sus problemas específicos de salud, vivienda, cultura y ocio». 

Este mandato constitucional –«los poderes públicos garantizarán…»– nun se configuróu como un dereto fundamental, como sí lo son, por exemplo, a libertá d’espresión ou el dereto á educación; eso quer dicir que nun se pode esixir directamente úa pensión sinon qu’hai qu’esperar a que primeiro as Cortes Generales regulen as condicióis del mismo y nun cabe acudir al Tribunal Constitucional a través del chamao recurso d’amparo. Que nun sía dereto fundamental -tampouco lo son na Constitución española a protección da salú ou a vivienda- nun quer dicir que sía úa mera declaración sin valor algún: é un mandato de fer y el artículo 50 sirve como criterio pra decidir si úa concreta regulación legal das pensióis é compatible, o non, cua Constitución y nun lo sería, por exemplo, si nun contemplara úa actualización periódica ou as pensióis nun foran, claramente, abondo. 

Qu’a percepción d’úa pensión nun sía un dereto fundamental nun foi obstáculo pr’alcanzar úa protección propia d’un país moderno, lo que nun quer dicir que nun necesite importantes miyoras y, precisamente, pola relevancia que ten núa sociedá democrática avanzada parecería estraño qu’úa Constitución del siglo XXI -úa nova Constitución ou a de 1978 reformada- nun lo incluíra como ún dos deretos fundamentales, tamén como xeito de combatir situacióis d’esclusión y vulnerabilidá. 

Convertir as pensiones nun dereto fundamental nun implicaría, nin muito menos, úa quiebra económica del sistema porque, por úa parte, todos os deretos “costan” cuartos -a educación, a defensa da libertá a través da seguridá ciudadana, votar nas eleccióis… –y, por outra, nun sería un dereto ilimitao (por citar un exemplo vixente, nel dereto fundamental á educación a gratuidá solo ta garantizada prá enseñanza “básica”, artículo 27.4 CE). En suma, sería cuestión de compatibilizar a estabilidá presupuestaria y, nel sou caso, el déficit cuas esixencias propias da sostenibilidá (estabilidá) social. 

Úa posible, entre outras muitas, redacción d’un eventual dereto fundamental al disfrute d’úa pensión podería ser a seguinte: «Todas as personas xubiladas terán dereto a una pensión qu’asegure us ingresos dignos. As pensióis actualizaránse anualmente pr’asegurar que se manteña el poder adquisitivo del titular del dereto. A Ley regulará as condicióis pral disfrute d’este dereto”. Previamente, cabería incluir un dereto fundamental “á Seguridá Social”, con, por exemplo, el seguinte tenor: «Todas as personas tein dereto ás prestacióis y servicios del sistema da Seguridá Social. Este dereto incluye el acceso ás axudas económicas y materiales que s’establezan pra os casos d’enfermedá y incapacidá laboral, desempleo, xubilación, viudedá y orfandá. A Lei regulará as condicióis pral disfrute d’estos deretos”. 

Habería, asina, úa remisión a leyes posteriores que concretaran, por exemplo, el sistema de revalorización, que podería relacionarse con diferentes criterios: vinculala á variación dos precios, como en Francia, Italia ou Austria; al incremento dos salarios, como en Dinamarca, Países Baxos ou Reino Unido (en Suecia y Alemania a referencia salarial modúlase, á baxa, con outros criterios) ou a úa combinación dos dous criterios anteriores, precios y salarios (Finlandia, Estonia, República Checa, Letonia,  Polonia, Eslovenia…). 

Finalmente, hai que recordar qu’úa eventual modificación constitucional pra convertir en fundamentales os deretos á Seguridá Social y ás pensióis debería ferse pol complexo sistema previsto nel artículo 168 CE, lo qu’esixiría, en primeiro lugar, úa proposta del Goberno, el Congreso, el Senao, ou d’algún dos Parlamentos autonómicos y, despóis, un mui alto nivel d’acordo nas Cortes y  na sociedá, pos faría falta úa mayoría de 2/3 del Congreso y el Senao, reiterao polas Cámaras que salisen elexidas tras a disolución das qu’acordaran levar a cabo a reforma, col añadido da súa aprobación por referéndum popular. 

(Resumen da charla organizada por Amigos de Vegadeo y su Concejo, traducido por Natalia Riego Arredondas).

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.